O Señor Hoppy, un home algo maior, moi tímido e amante das plantas está profundamente namorado en segredo da súa veciña, a Señora Silver, unha muller que vive acompañada da súa TARTARUGA Alfie. A Señora Silver está preocupada porque Alfie non aumenta de peso e crece moi amodiño.

...
O señor Hoppy verá niso a posibilidade de gañar o seu corazón.

 

AGURATRAT é a adaptación teatral da Cía. Pérez&Fernández do libro "Esio Trot" de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal ("Charlie e a fábrica de chocolate", "James e o pexego xigante", "Matilda", "As Bruxas", "Mr. Fox", etc.) Nesta historia sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre persoas maiores e o amor ós animais. Ambos temas tratados con delicadeza e humor. Unha obra de teatro para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas.

 

 Foto: Corsino©

Os contos son bos para ti...

Roald Dahl dicía: "Se tes bos pensamentos resplandecerán na túa cara coma raios de sol e veraste sempre fascinante".

Cremos en facer boas accións. Esa é a razón pola que o dez por cento de tódolos ingresos* de Roald Dahl vai para os nosos socios benéficos.

Temos apoiado causas como as seguintes: auxiliares técnicos sanitarios especializados para nenos, axudas a familias necesitadas, e programas de divulgación educativa.

Dámosche as grazas por axudarnos a manter este traballo tan importante. Descubre máis en roalddahl.com

A fundación benéfica Roald Dahl é unha organización rexistrada no Reino Unido (no1119330)

*Tódolos pagos de autor e comisións netas derivadas de dereitos de terceiros.

 

  • Facebook
  • Instagram
  • Mail