Nanai é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas reixéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería…
Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar este conto orixinal cheo de maxia, aventuras, e humor.