O Poder de Amabel
"O poder de Amabel" é un peza de teatro de monicreques e actores para público familiar inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books.
Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrilo embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares.
Na adaptación teatral Amabel e Braulio, que non se ven dende a escola, reencóntranse casualmente 30 anos máis tarde en Tokio. Alí recordarán o especial ano que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
Trailer
Prensa/Crítica
"...un sosego e unha fluidez na actuación que resulta moi agradable e incluso facilita unha certa sensación de nostalxia..."
>> www.teatro.prazapublica.com <<
"...neste semestre poderemos ver en moitas carteleiras de Galicia O poder de Amabel de Perez&Fernández, sen dúbida o gran éxito da mostra en canto a espectáculos dirixidos aos máis cativos..."
>> www.culturagalega.org <<
Camilo Franco comenta 'O poder de Amabel', da compañía Pérez & Fernández.
>> www.crtvg.es/rg <<
"...aunque todavía jóvenes, atesoran una gran experiencia en series de televisión o teatro. A principios de año decidieron montar su propia compañía..."
>> www.lavozdegalicia.es <<
'O poder de Amabel', teatro de monicreques inspirado na novela infantil de Érica Esmorís.
Equipo
Manu Fernández
Actor/Manipulador
Ten o superpoder de falar á perfección tres idiomas, de ser actor - moi ben querido por todo aquel que o coñece, e de ser recoñecido pola rúa polo seu papel de Milucho na exitosa serie da TVG "Libro de Familia" - a pesar da perruca que levaba. Superman-u ten o poder de rescatar gatos das árbores e ás persoas do aburrimento. Cun físico entre Clint Eastwood e Jude Law, ten o poder de derretir persoas.
Victoria Pérez
Actriz/Manipuladora/Codirectora
Ten o superpoder de crer no humor por riba de tódalas cousas e de utilizalo a diario, de ser actriz, de escribir wasaps longuísimos á velocidade do raio e de pagar autónomos.
Ten o gran poder de ser a mellor amiga dos seus amigos, de ter un "pelaso", mirada pícara, sorriso cómplice e de sentirse orgullosa de contar centos de veces a miles de nenos en tropecentos coles moitos libros de Roald Dahl ou Michael Ende.
Xosé Leis
Dirección
Ten o superpoder de escoitar á xente, de estar sempre que un o precisa, de ser actor, guionista, director, especialista en pedagoxía teatral, de ser cinéfilo e de compartir o que lle gusta, de ter unha memoria prodixiosa e de estar sempre á última en todo.
Xabier Romero
Música Orixinal: "Amigurumi"
Fotografía: Corsino
Ten o superpoder de ser sempre optimista, de pensar incansablemente como mellorar este mundo, de ser creativo por enriba de tódalas cousas, poeta, fotógrafo incansable, o mellor asubiador do mundo... Cociña, canta, toca a trompeta, compón música, alegra a vida dos demáis e non deixa nunca de sorprender e sorprenderse.
Mathew Ward
Música Orixinal: "Stay", "Amabel´s lullaby"
Ten o superpoder da adaptación, de ter un sorriso encantador, de ser sempre atento con todos, de encher silencios incómodos e non incómodos falando do que sexa, de compoñer música, de tocar dende neno varios instrumentos e de cantar deliciosamente, de ser moooi guapo, de amar ós animais e de ter namorada a Érica Esmoris.
Irene Pidal
Creación Amigurumis
Ten o superpoder de ser habilidosa creando cousas coas mans, de facer realidade os soños dos demais, de ser máis boa que o pan, de traer ó mundo a Emma, de ter sido unha das mellores ximnastas do seu colexio ós seis anos e a que mellor posaba disfrazada frente á cámara. Da súa época de ximnasta infantil, mantén unha elasticidade extraordinaria nos seus brazos, que non deixan de traballar e dar amor a aquel a quen se lle ocorra pedir algo "feito na casa".
Jacobo Bugarín
Escenografía
Érica Esmorís
Autora da novela "O Poder de Amabel"
Ten o superpoder de non ver o mundo como o resto dos humanos, de escribir libros, guións, debuxar, sair ben nas fotos debaixo da auga, de meterse en leas e saír delas sempre triunfante, de contaxiar vitalidade por milleiros, de ter un corazón máis grande do normal, de ser a mellor e máis fiel amiga dos cans e das súas amigas, de dicir sempre si a un momento divertido ou a un xeado e de provocar que sucedan cousas divertidas como... esta obra de teatro.
Todos, absolutamente todos os membros deste equipo teñen tamén...